Odontoloxía preventiva e conservadora

Odontoloxía preventiva e conservadora son piares fundamentais dunha boa saúde buco-dental. A visita ao dentista unha vez ao ano, pode evitar a perda de pezas danadas que aínda non deran síntomas.



A odontoloxía conservadora é o tratamento que reconstrúe a perda dunha parte do dente (xeralmente producido por carie ou fracturas). Na nosa clínica temos todas as especialidades para solucionar os teus problemas de saúde buco-dental. Facémolo con:


Empastes e reconstrucións

Utilízase o termo obturar en odontoloxía para definir o que comunmente se coñece como «empastar» e que consiste en limpar a cavidade resultante dunha carie para logo enchela con algún material.

Este proceso rehabilita así a anatomía dental para unha apropiada estética, función, mastigación e oclusión dos dentes cos seus antagonistas e consegue un bo selado que impide que volva producirse a lesión cariosa.


Endodoncia

A terapia endodóntica consiste na extirpación parcial (pulpotomías en dentes temporais) ou total da polpa dental (nervio-arteria-vea). Aplícase en pezas dentais fracturadas, con caries profundas ou con inflamación do seu tecido polpar.


Periodoncia

A enfermidade periodontal ou a comunmente chamada enfermidade das enxivas, en etapas temperás pode ser tratada con medidas simples como a limpeza e pulido das raíces (raspado e alisado radicular) que sumado a unha boa hixiene dental por parte do paciente nos dan uns resultados satisfactorios. En casos máis avanzados requirirá de tratamentos mais especializados.

Os obxectivos principais do tratamento periodontal son:

- Conservar ou devolver saúde e función dos tecidos que soportan ao dente, sen afectar o aspecto estético do paciente.
- Previr calquera recorrencia da enfermidade.


Prótese

Consiste na reposición dunha ou mais pezas faltantes, para que recuperes a túa función mastigatoria e o teu sorriso. As próteses poden ser Removibles, fixas sobre dentes ou fixas sobre implantes.