Sedación consciente


Sabemos que a visita ao dentista pode representar todo un problema para algúns pacientes.

É habitual que moitos deles vaian aprazando as súas visitas ao odontólogo por medo ou fobia, pospoñendo deste modo tratamentos dentais imprescindibles.

O problema é que canto máis tempo deixan pasar, máis se dana a súa boca.

Centro Dental Innovadent está especializado en evitar os temores e ansiedade dos pacientes, e por iso ofréceche a opción de recibir os tratamentos necesarios baixo sedación consciente, evitando o sufrimento derivado do estrés e as incomodidades do tratamento.

Con esta técnica garantímoste que non sufrirás ningún trastorno de ansiedade e á vez poderás colaborar e comunicarte co teu odontólogo en todo momento. dispoñemos da tecnoloxía necesaria para levar a cabo unha sedación consciente con toda seguridade e garantías, e sempre baixo a supervisión dun médico anestesista.